Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - DE 9 ANOS

6 resultados

  • VAIA TROPA!
    CORTIZAS, ANTON
    Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Ao final do...

    14,50 €

  • MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO II
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    Mil cousas poden pasar. Libro I rematou con Lina e Pouco na praia, falando, durmindo, bicándose e comendo mazás. Que aventuras correrán na viaxe de regreso a Nil? Como atoparán a súa vila? Que será do neno Propicio, do cocho Isaías, do río Inrique e de todos os demais? E o máis importante: que será de Hedión?Unha cousa pódese adiantar: fixo novos amigos, e xente boa non son. ...

    14,50 €

  • TI NON XOGAS!
    GÓMEZ XURXO, SILVESTRE
    Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un sol radiante. Pero Suso, en vez de estar a xogar ao fútbol co resto dos rapaces, está sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola. Está aburrido e amolado. O peor é estar amolado, e estao, porque cando quería xogar Róber chimpoulle:?Ti non xogas! Non houbo ninguén que lle dixese a Róber que iso non se...

    12,95 €

  • MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO I
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de perso...

    14,50 €

  • O MAQUINISTA ANTÓN
    ALFAYA, AN
    O maquinista Antón é unha obra de teatro dun único acto. Na estación do tren hai un gran barullo, porque o maquinista Antón está agochado e non quere conducir ningunha máquina máis. Mentres non aparece o maquinista, o home dos globos cre que o mellor será cantar, o pescador de soños cre que deberá facer o que el sabe, pescar soños, e a vella pensa: ¿non será mellor xogar ás aga...

    11,95 €

  • VALADOS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Helena e Xoel son amigos inseparables, non hai horas que lles cheguen para estaren xuntos. Na súa vila comezan a suceder feitos que os desacougan; semella que un vento estraño varreu a alegría das rúas e deixou no seu lugar odio, xenreira e medo. Axiña se erguen altos valados para separar e illar unhas persoas doutras. Valados visibles, e tamén invisibles, que afastan a Xoel e ...

    11,95 €