PREVERT, JACQUES
As lilas Bailarinas chámanse así porque segundo os mariñeiros nunca paraban quietas. Amáis pequerrechiña das illas pasara inadvertida e o seu nome non fora gravado en carta ningunha e chamábanlle a Illiña de Nadiña. Os indíxenas vivian moi felices, facían a súa xustiza, a súa música, a súa poesía, a súa cociña, o seu pan.
Na illa había un varredor que tiña todo moi limpo, chamábase Catro Mans Á Obra, non era nativo dela e era un simio.
Un día chegou á illa un home e descubriu que alí todo era de ouro: os anzós dos pescadores, o ferro da pa do varredor... A partir de aí todo cambiou para a illa, fixeron unha ponte para unilos á Península, chegou O Xeneral Tesoureiro coa súa caixa rexistradora, que os obrigou a traballar nas Minas a punta de escopeta... Pero os indíxenas rebélanse e escóndense pola illa. Ó Xeneral ocorreúselle nomear a Catro Mans Á Obra Gran Almirante dos Mineiros, gabándolle a súa fachenda para lograr del a lista oficial e completa de tódolos recunchos máis secretos da illa onde se foran agacha-los indíxenas-mineiros. Catro Mans Á Obra decidiu darlle a resposta logo de durmir.
Catro Mans bota moito de menos os tempos felices varrendo e descansando na súa hamaca e escoitando os paxaros. Os indíxenas estaban a agardar por algún sinal, calquera que fose e viñer de onde viñer, para volveren ó val; son os berros de Catro Mans Á Obra, facendo baterse en retirada ó Xeneral Tesoureiro, o que os pon en movemento.