FERNANDEZ , ESTANISLAO
Estanislao Fernández de la Cigoña preséntanos un libro sobre As cavas de Galicia, unha guía práctica para visitar as covas, grutas, furnas, bocas, palas, buratos, buracas, cavernas e arcas das terras galegas con noticia
das súas características e da fauna que encerran.
É o engaiolante mundo das tebras, dos morcegos, de todo o que vive nesas longas e ás veces perigosas covas subterráneas de Galicia, o espacio das estalactitas e as estalagmitas, do sal e do xeso, das correntes interiores. As covas naturais e as feitas pola intervención do home.
Trátase dun libro de lectura doada mesmo para os que non son afeccionados á espeleoloxía, escrito a partir
da experiencia persoal. Un libro que recolle e fala das principais covas galegas: as míticas dos mouros, as furnas da beiramar, as relixiosas e de bandoleiros, a sonada cova do Rei Cintolo, a de Montefurado, as do Incio, as atlánticas, as do Courel, as de Valdeorras, as cavas fluviais. De todas elas trata este libro apaixonante.