MÁIZ, RAMÓN
A Idea de Nación analiza a centralidade política do concepto de nación e a súa pluralidade interpretativa nos pensadores nacionalistas e en diversos escenarios históricos. A idea de nación está, por unha banda, ateigada dunha bagaxe, semántica e histórica, debedora das vicisitudes do Estado-nación, e por outra é radicalmente reformulada na súa aplicación no contexto das nacións sen Estado. No libro faise, primeiramente, unha aproximación a momentos significativos da ideación nacionalista, presentando a conflictiva diversidade, na Revolución francesa ?de Sieyès ó xacobinismo-, dos conceptos de pobo e nación, así como a súa substantivación naturalista no nacionalismo alemán (fichte). Na segunda parte aténdese ó eco dalgún destes temas no nacionalismo galego, sinalándose as continuidades, rupturas e variacións que, a partir dun eixe común de etnicidade diferencial, agromaron, de Murguía a Castelao, na construcción discursiva de Galicia como Nación.