ALVAREZ NÚÑEZ, SABELA
" O reí de nada "
Os habitantes dunha vila protestan perante o alcalde por non teren auga nin luz. Todo canto faí este é pedirlles trabucos e construír un castelo. A xente vaise e o alcalde convértese en rei... pero no reí de nada.
" Rocha e o sol "
Rocha ten que marchar co seu pai en busca de traballo a outro país onde o sol non quenta todo o ano. Rocha ten que volver ó seu país por non ser quen de atura-lo frío.
" Ela era unha princesiña "
A princesiña deste conto non quere casar, só quere ser astrónoma. Como ó reí isto non lle parece ben, acordou que casaría con quen atinase coa solución dunha adiviña.
" A cova da serpe "
Un mouro canverteu á nena Rosamoura en serpe e dixo que as terras secarían mentres a serpe alentase. Mariña, coa axuda dunha meiga, será a única capaz de desencanta-la serpe.
" Anoema "
Anoema ten un soño en que unha anémona, unha pelota e unha guitarra pulan por saíren dunhas caixiñas.