Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO

20 resultados

  • FEBRE
    CARRE, HECTOR
    Carmucha, unha moza de dazasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo da súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Félix, o fillo ...

    13,60 €

  • O NOSO AMOR SERÁ ETERNO
    RIVADULLA CORCÓN, X. H.
    O trobador Buserán tiña dezaoitos anos, era home forte, de mirada chea de nobreza. A súa amada, Frolinda tiña 16, posuía unha beleza que estremecía os seres sensibles e o seu corazón estaba enchido de bondade e xenerosidade. Sentiron que querían estar abrazados, cada un habitar nos brazos do outro, comprenderon que nada na vida tería sentido se non a vivían xuntos, xuraron que ...

    14,50 €

  • POETÍZATE
    ALONSO, FRAN
    A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para ...

    13,50 €

  • O SEGREDO DA PEDRA FIGUEIRA
    QUEIZAN, MARIA XOSE
    Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala desde a illa de Rocasul cara ao Sur. No barco, a avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terroríficos Lurpios, que botaran a tribo da illa de Tule por atopar unha espada coa que mataron o Gran Dragón. Na perigosa travesía avistan a Caverna dos Tesouros, que arrastra o barco ata que se desprenden de todas as ...

    14,50 €

  • O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS
    CALVEIRO, MARCOS
    Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os...

    14,50 €

  • ÁS DE BOLBORETA
    ANEIROS, ROSA
    Na ?Luzada?, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d? As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas...

    14,50 €

  • DRAGAL II
    GALLEGO, ELENA
    Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura. A moza non sabe aínda que a noticia da desaparición de Hadrián corre pola vila coma un regueiro de pólvora nin que alguén vixía de preto os seus pasos. Mentres agarda por ela, Dragal descobre, por primeira vez na súa milenaria existencia, a limitación dos ...

    14,50 €

  • EXOGAMIA 0.3
    CARIDE, RAMON
    John Brockman sostén que a ciencia é a única noticia, o único verdadeiramente novidoso que hai hoxe sobre a Terra. Na ciencia sempre hai algo novo: a internet, as células-nai, as vacinas contra a SIDA, as probas de ADN, os avances contra o alzhéimer, a loita contra o cambio climático. Ningunha empresa ten o monopolio dos números. Ningunha nación ten a soberanía sobre a adenina ...

    14,50 €

  • LOIS PEREIRO. NÁUFRAGO DO PARAÍSO. BIOGRAFÍA E ANTOLOXÍA
    CALVEIRO, MARCOS
    Coma se do falso guión dun filme imaxinario se tratase, esta biografía amosa algunha das escenas de vida do poeta Lois Pereiro. A súa infancia e adolescencia nese universo todo que foi para el o seu Monforte natal. Aqueles anos de Loia en Madrid, nos que percorreu os camiños do entusiasmo e da fatalidade. As viaxes europeas na procura de acordes e descubertas. Os últimos días n...

    14,50 €

  • MARTA ANTE O ESPELLO
    CALO FONTÁN, TERESA
    Marta, unha rapaza de case dezasete anos, lembra os últimos meses da súa vida diante do espello. Para ela foi todo un alivio deixar de oír xente facéndolle preguntas, deixar de oír consellos, deixar de oír chorar a súa nai. Mais para Marta foi, sobre todo, un alivio non ter que comer e non ter que facer como que comía, e non ter que vomitar o que comeu para disimular diante da ...

    12,95 €

  • PODEROSA 3
    KLEIN, SÉRGIO
    Joana Dalva, unha rapaza adolescente, transforma en realidade aquilo que escribe coa man esquerda. Nesta terceira entrega do seu diario, o seu segredo permítelle desfacerse das ameazas dunha solteirona tola, axudarlle a unha compañeira de clase a domar un pai autoritario, ensinarlle a súa avoa a linguaxe informática e sobrevivir ás perrenchas do seu irmán pequeno. Fronte a tant...

    14,50 €

  • O CEO DOS AFOGADOS
    CASTRO, FRANCISCO
    Todos os delfíns de todos os mares, todos os delfíns de todos os océanos, todos os delfíns de todo o planeta decidiron xuntarse á mesma hora no mesmo punto de todos os mares, de todos os océanos de todo o planeta para dende alí avanzar cara á costa. Ás seis horas xustas de ter iniciado aquela estraña peregrinación, como chamados por unha orde misteriosa, pararon, todos de súpet...

    14,50 €

  • ILLA SOIDADE
    ALFAYA, AN
    Lucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio. Illa Soidade é unha novela iniciática que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e ...

    14,50 €

  • DRAGAL
    GALLEGO ABAD, ELENA
    Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu p...

    14,50 €

  • A CRIPTA DO APÓSTOLO
    TOBARUELA MARTÍNEZ, PERE
    Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante dezaseis días. Coa mochila ao lombo, combinando traxectos a pé e desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende Somport, un porto de montaña no Pirene...

    16,50 €

  • A VIAXE DO SER
    PEREZ DE LEIS ÁLVAREZ, MANUEL
    O viaxeiro, provisto apenas dunha mochila liviá, un gorro e un vello piolet, realizará a subida polo leito do Ser, un río de sesenta quilómetros de lonxitude que nace na serra dos Ancares. Durante tres xornadas de moi dura, longa e difícil camiñada en solitario, o viaxeiro descubrirá a beleza agochada na espesura da fraga, nos diferentes recantos do río, en cada unha das aldeas...

    12,95 €

  • A PAIXÓN DE ALEXANDRA
    TRIGO, XULIO RICARDO
    Alexandra é unha rapaza de primeiro de Bacharelato a quen lle gusta moito a lectura e a música da cantante islandesa Björk, afeccións nas que atopa no seu cuarto os seus mellores aliados á hora de construír un mundo paralelo onde vivir. A amizade con Eva, unha compañeira de clase que arrastra un pasado difícil, levaráa a descubrir en Internet a páxina de bookcrossing, un espazo...

    12,95 €

  • A CABEZA DE MEDUSA
    ALEIXANDRE, MARILAR / ALEIXANDRE, MARILAR
    Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser vio...

    14,50 €

  • PODEROSA 2
    KLEIN, SÉRGIO
    Todo o que escribe coa man esquerda convértese en realidade, e isto fai que Joana Dalva sexa unha persoa , moi especial. Como debe usar ese poder para curar a súa avoa?, como axudar a unha amiga a curarse da anorexia?, ou, como escapar dun secuestro? Estes son algúns dos desafíos que «a rapaza que ten o mundo na man» relata no seu diario. Neste segundo título da serie, Sérgio K...

    16,50 €

  • O BRINDO DE OURO II
    MARCOS, XESÚS MANUEL
    Selmo, o Gardián do Brindo de Ouro, protexe ao seu pobo arxina no Pico de Brío, até que unha noite chega un guerreiro con novas que trocarán a paz das aldeas e porán ao Gardián nunha encrucillada onde nada é o que parece. Alguén quere acabar para sempre cos arxinas, e pode que o inimigo estea ao seu carón. O que lle vai ser revelado a Selmo significará o comezo dunha apaixoante...

    16,50 €