KLEIN, SÉRGIO
Joana Dalva, unha rapaza adolescente, transforma en realidade aquilo que escribe coa man esquerda. Nesta terceira entrega do seu diario, o seu segredo permítelle desfacerse das ameazas dunha solteirona tola, axudarlle a unha compañeira de clase a domar un pai autoritario, ensinarlle a súa avoa a linguaxe informática e sobrevivir ás perrenchas do seu irmán pequeno. Fronte a tantos desafíos, Joana Dalva corre o risco de perder o seu valioso poder, aínda que nin así vai perder unha miga do seu encanto.
Poderosa 3 constitúe a terceira entrega a serie Poderosa, iniciada no ano 2008 con grande éxito dentro da colección Fóra de Xogo. Un diario, como os dous anteriores, protagonizado por unha rapaza que tiña o mundo na man. Unha novela para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.